Código ético

A aposta de Veciñanza polo irrenunciable principio da ética como guieiro da súa acción política tradúcese no seguinte Código interno aprobado e asumido pola asemblea.

1. Limitación de mandato e/ou representación. Como norma xeral, máximo de dúas candidaturas para concelleiros/as e alcalde/sa.

2. Limitación salarial ao soldo medio galego (2’25 veces o SMI, que vén a ser o soldo medio galego: 1460 euros mensuais) para as dedicacions exclusivas. O exercicio da política non é, en ningún caso, para enriquecerse nin para acceder a privilexios. No caso de dedicacións parciais, a parte proporcional.

De igual xeito, as compensacións económicas que os representantes municipais poidan percibir en concepto de asistencias a plenos, comisións, etc. serán doadas integramente á Asemblea.

3. Ante casos de sospeitas de corrupción ou imputacións xudiciais, será a asemblea a que decida sobre o/a implicado/a.

4. Independencia e transparencia financeira. A candidatura non pide ningún crédito bancario e terá publicadas as súas contas.

5. Asemblearismo. Veciñanza toma as decisons de forma democratica, horizontal e asemblearia. De acordo co noso programa político, a súa acción fundamentarase na consulta permanente a veciños e colectivos para tomar decisións.

6. Transparencia absoluta. As áreas de goberno que xestione Veciñanza terán a disposición permanente dos veciños as súas contas e realizará auditorías previas para desenmascarar os posibles desfases que puidesen existir.

7. A participación democrática será eixo fundamental da acción política de Veciñanza, tratando sempre de promovela e facela efectiva.